RSS e Podcast

MeteoGalicia publica as súas predicións en formato RSS. Desta maneira, Vd. poderá integrar na súa Web ou ver no seu cliente RSS, as predicións actualizadas feitas por MeteoGalicia. Estes enlaces permítenlle ademais, acceder á información completa na web.

  • Mediante clientes RSS: programas que lle permiten usar directamente os nosos ficheiros de datos y velos no seu ordenador persoal.
  • Mediante un agregador: páxinas web que lle permiten agrupar fontes RSS de distintos medios.
  • Integrándoos no seu sitio Web.



¿Que é RSS?

RSS é una familia de formatos para distribuír e compartir información web. Está desenvolto especificamente para ese tipo de sitios que se actualizan con frecuencia e mediante o cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas.

Lectores RSS

Para utilizar as fontes RSS existen múltiples opcións. A máis común consiste en instalar un programa chamado agregador ou lector.

Programas lectores
¿Que é un Podcast?

Un podcast é un arquivo de audio dixital, normalmente no popular formato mp3, que se coloca en internet para que outras persoas teñan a posibilidade de baixar ese arquivo e escoitar o seu contido; ou ben, é un "programa de radio sen radio", algúns chámanlle "radio da nova era", "radio da era dixital".

Lectores Podcast

Os arquivos RSS que conteñen audio non son lexibles por calquera lector ou agregador, é necesario que admitan os "enclosures" ou arquivos agregados aos RSS. Os programas lectores que entenden os RSS que apuntan a un arquivo de audio revisan a lista de suscripcións e automáticamente descargan todo o contido novo.

Programas lectores de Podcast

MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466